Wednesday, December 22, 2010

HISTOIRES D'AMOUR - LOVE STORIES


CONCURSO DE CURTOS


FAI CLICK EN COMMENTS E ENCONTRARÁS AS BASES DO CONCURSO.

ATENCIÓN: NOVOS PRAZOS PARA O CONCURSO:

DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO GUIÓN: 30 DE ABRIL.
DATA LÍMITE PARA A ENTREGA DO CURTO: 31 DE MAIO.

1 comment:

  1. CONCURSO DE CURTOS
    BASES:
    1- PARTICIPANTES:alumn@s do IES Carlos Casares.
    2- TEMA DOS CURTOS: amor, celos, desamor...
    3- CARACTERÍSTICAS DOS CURTOS:
    - Representación dunha mesma historia en francés e inglés, co título en ambas linguas.
    - Duración: entre 3 e 5 minutos.
    - Realizado por grupos de máximo 4 alumn@s.
    - Boa audición.
    - Orixinalidade.
    - A gravación poderá realizarse con móbil ou cámara.
    4- RECEPCIÓN DOS CURTOS:
    - O guión e máis o curto enviaránse a departamentosdefranceseingles@gmail.com xunto co nome e curso dos integrantes do grupo, e a categoría pola que participan ( ver PREMIOS).
    5- PRAZOS:
    - Data límite para o envío do guión: 17 de xaneiro ás 14:50.
    - Data límite para o envío do curto: 7 de febreiro ás 14:50.
    6- RESOLUCIÓN DO CONCURSO:
    - O xurado estará formado por membros da comunidade educativa.
    - A decisión tomada polo xurado será inapelable.
    - Todas as eventualidades, aclaracións, interpretacións e/ou decisións non contempladas nesta convocatoria serán resoltas polo comité organizador.
    - O concurso pode declararse deserto.
    - Ao se inscribiren neste concurso @s interesad@s aceptan as bases da presente convocatoria.
    7- PREMIOS:
    - Establécense dúas categorías: 1ª CATEGORÍA: 1º, 2º e 3º ESO. 2ª CATEGORÍA: 4º ESO, 1º e 2º BAC.
    - Haberá un único curto gañador en cada categoría.
    - O premio consistirá nun MP4 para cada un dos integrantes do grupo gañador de cada categoría.
    OS CURTOS QUE NON CUMPRAN ALGUNHA DAS BASES DESTA CONVOCATORÍA SERÁN REXEITADOS.
    OS CURTOS PODERÁN PROXECTARSE EN DISTINTAS ACTIVIDADES DO CENTRO EDUCATIVO E SERÁN PUBLICADOS NO BLOGUE “O CHOUPÍN DIXITAL” E NA WEB DO CENTRO, AINDA QUE A PROPIEDADE INTELECTUAL SERÁ DOS AUTORES.
    COMITÉ ORGANIZADOR: Departamentos de francés e inglés do IES Carlos Casares de Viana do Bolo.

    ReplyDelete